viernes, 20 de julio de 2012

Sheila Cousillas Amado, gaiteira que soña con ser recoñecida algún día polo seu traballo e esforzo

Ola! Son Sheila Cousillas Amado.

Descríbome como unha persoa á que lle gusta a tradición... E que mellor maneira de demostralo que tocando os instrumentos tradicionais de Galicia!

Por iso son gaiteira. De pequena sempre me sentaba no borde da escaleira a escoitar silenciosamente como meu pai tocaba a gaita co seu grupo. E dalí a uns cantos anos empecei a tocar a gaita. Pronto se converteu na cousa máis bonita e máis importante da miña vida. E é que vivo para ela, teño o ritmo no corpo e non podo estar máis dunha semana sen tocar... Por iso quero que sintades o mesmo ca min. Porque isto é un soño feito realidade.
Non vou negar que se me da ben, e é que teño unha familia enteira de tradición... Emepezando polo meu visabó (o Ghai Ghai) que era o máis coñecido de por aquí. O tío, o primo e máis xente da familia de meu pai tocan algún instrumento. Meu pai foi profesor dos que agora dan clases de gaitas en diversos lugares... Que dicir! Estou orgullosa...

Por iso creei, xunta co meu compañeiro, este blog para ensinarvos un pouquichiño do que nós sabemos. Tamén vos poñeremos enlaces interesantes para que disfrutedes con isto.

Un saúdo!








Esta persoa é unha das máis grandes para min.































2 comentarios: