lunes, 13 de mayo de 2013

As gaitas xa son famosas en todo o mundo!


A Real Banda de Gaitas de Ourense conseguiu chegar ata a muralla china. E aos chineses encantoulles.



HIMNO GALEGO

E COMO NON! A nosa canción máis representativa, o noso símbolo acústico máis solemne, ese canto que nos identifica. E é que en Galicia hai do mellor. 
Comezo ensinándovos un vídeo do himno interpretado por para min a máis grande: Susana Seivane.

HIMNO GALEGO

Aquí tendes a partitura

Persoalmente, esta canción fai que a gaita cobre vida.

VIVA GALICIA!

Alborada de Verín

Fai nadiña atopei unha alborada moi bonita, interpretada polos máis grandes: Milladoiro. Mágoa que non haxa ningún vídeo en YouTube, pero atopei unha páxina onde se pode escoitar un pouquiño:

Un cachiño da Alborada de Verín

Aínda así se queredes aprender toda a canción déixovos este enlace de Xurxogaita:

Alborada de Verín

Déixovos a partitura da frauta DOCE, iso quere dicir que para tocala na gaita ou nunha frauta de gaita haina que subir unha nota.


Espero que vos guste, eu xa a aprendín e soa moi ben!