sábado, 21 de julio de 2012

Darío Miranda, Gaiteiro de Soneira.

Bueno, como a miña compañeira Sheila, tamén se presentou... Que menos que presentarme eu tamén,
Antes que nada, agradecerlle a miña compañeira, a sua participación neste blog, xa que ela axudou moito a levalo a diante, e bueno, comecemos coa presentación.
Chámome Darío Miranda, e son o único gaiteiro do meu pobo, A piroja.
Dende os 10 anos levo a tocar a gaita, e dende aquela nunca me separo dela.
Para min, tocar a gaita, non é unha simple afición, senón, que e algo mais, toco porque me sae do corazón, porque cando me encontro nunha actuación síntome na miña gloria, por iso e por moitas outras razóns, son gaiteiro. Por iso decidín, xunto coa miña compañeira Sheila, facer este blog, para compartir con todos vós, o que sentimos pola Gaita.

Atentamente, Darío.

P.D: Déixovos unha foto do noso grupo de O COUTO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario